Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando co director de cine monfortino Dani de la Torre en plena promoción da película Zeta que entre outros lugares tamén gravou na Ribeira Sacra. Recollemos balance do servizo de urxencias do Hospital Comarcal co xefe do servizo, Ramón Muñóz, e Abelardo Blanco adxunto do citado servizo. Entre otros asuntos, falamos tamén de estafas dixitais con Alex García, integrante do equipo da Garda Civil especializado neste tipo de estafas.