Todo preparado para celebrar en Monforte Arte Lemos do 1 ao 6 de agosto. Unha actividade que vén de presentar o alcalde José Tomé Roca, escoitamos que explicaba da mesma. Os deputados do PP na provincia de Lugo presentan iniciativas que levarán ao Congreso relacionadas coa liña férrea entre Ourense e Lugo, da conta das mesmas Jaime De Olano. Co voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez, repasamos iniciativas que leva ao pleno do próximos luns. E xa están seleccionados os dez finalistas do Concurso Semente Ribeira Sacra, repasamos cales son con Pilar López, presidenta da Asociación promotora. Coa oboísta Iria Folgado falamos do concerto que prepara para este sábado no Mosteiro das Bernardas en Ferreira de Pantón e con Cristina Rodríguez falamos do roteiro teatralizado que preparan para esta noite na contorna de Bolmente no concello de Sober. Con Chiqui Gutiérrez falamos da 51 Subida Automovilística a Chantada que se celebra esta fin de semana con 102 participantes.