22/09/2026
Más de uno Monforte de Lemos 22/09/2026

Programa completo do 22/09/2026
Os drons alíanse coa viticultura heroica da Ribeira Sacra e sacan uvas de viñas con orografía complicada. Falamos con José Antonio Niño da empresa Bosquiman Ingenia que estivo traballando na zona. O Muferga prepárase para acoller un Encontro Internacional de Museos do Ferrocarril con varias actividades que repasamos con Luis Blanco, director do Museo monfortino. A Residencia de Bóveda terá unha unidade de 24 prazas para patoloxía dual que se suma ás prazas que oferta na actualidade. Un novo servizo polo que preguntamos ao alcalde José Manuel Arias, co que repasamos outras novas da actualidade do citado concello como a boa acollida das visitas ao Viveiro de Os Trollos que seguirán ata o 22 de outubro. A Xunta de Goberno de Monforte aproba axudas por valor superior aos 63 mil euros para 14 entidades, culturais, deportivas e sociais, do municipio.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
