22/05/2026
Más de uno Monforte de Lemos 22/05/2026

Programa completo do 22/05/2026
Seguimos cubrindo etapas do Camiño de Inverno e guiados por Manuel López Eiriz da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra hoxe repasamos a sexta etapa que nos leva de Chantada a Rodeiro. O BNG de Monforte pedirá no pleno do luns recuperar e poñer en valor o Mercado Gandeiro e a Muralla Medieval, falamos delo co voceiro Emilio Sánchez. Recuperado en Sober o miradoiro da Pena do Conde que ardeu no incendio do pasado verán. Unha instalación da que falamos co alcalde Luis Fernández Guitián que acompañou hoxe á Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na visita que fixo ao lugar. E entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima falamos tamén do 6º Salón do Automóvil que organiza en Monforte Autos Lemos que incorpora coches chinos á carteira de marcas que ten na actualidade.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
