20/10/2026
Más de uno Monforte de Lemos 20/10/2026

Programa completo do 20/10/2026
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitívinícola no que preguntamos como repercute na saúde o consumo moderado de viño a Cristina Conde, farmacéutica, nutricionista e vice presidenta da Asociación Ourensividade que estuda a lonxevidade na provincia de Ourense e Sur de Lugo. O GDR Ribeira Sacra – Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ e que repasamos co técnico coordinador Enrique González López. Cig-Saúde reclama dos orzamentos da Xunta máis investimentos no Hospital Comarcal de Monforte, repasa peticións Vicente Vázquez. E o sábado é o Día das Bibliotecas, organiza actividades o Colectivo Lemos Le das que nos fala a bibliotecaria do Saviñao, Mónica Carballo que presenta tamén as actividades que teñe programadas para este venres na Biblioteca de Escairón.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
