Coa celebración do Xoves de Compadres arranca oficialmente o entroido no Val de Lemos e hai monecos repartidos por barrios e parroquias monfortinas e noutros concellos da zona. Cóntanos o que fixeron na Asociación de Veciños de Cobas, Marina López. A asociación Albores mantén a tradición de representar á corporación municipal e cada concelleiro, incluído o alcalde, ten o seu moneco na Praza de España. Traballo do que falamos con Tania Sobrado, terapeuta ocupacional coordinadora dos obradoiros dos que saíron estes compadres. Desta festa falamos tamén coa concelleira de cultura Marina Touzón. En Sober, as mulleres que traballan no concello representan aos homes adicados "a disfrutar da boa vida", representacións que repasa unha das autoras, Lupe Pardo. E en Anllo son os maiores da parroquia os que se encargaron de escenificar traballas tradicionais. Niste caso falamos con Daniel Fernández. No Saviñao son os nenos os que manteñen esta festa mentres se preparan para o domingo e o martes de entroido con festas que repasa o alcalde Carlos Armesto, entre outros asuntos de actualidade no citado municipio. E como cada xoves, toca gabinete xurídico con AV10 e Javier Leiro aborda hoxe a incapacitación.