18/06/2026
Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo do 18/06/2026
Recupera a normalidade Monforte despois das inundacións da tarde de onte por mor das treboadas. Preguntamos que pasou a MeteoGalicia e falamos tamén co sarxento do Parque Comarcal de Bombeiro, Tomás Losada. O sábado é o Día do Refuxiado e Provivienda prepara actos en Monforte para este venres, falamos con Andy, refuxiado ruso e representantes desta ONG, Raquel Iglesias e Susana Salvo. Tamén escoitamos a Mavi Alvarín, da Asociación ElaCompostela, o domingo conmemórase o Día da Ela e tamén organizan actividades en Monforte. E a Coral Renfe organiza concerto para este sábado, actividade da que nos fala a presidenta Pilar López. En Pantón rematan as actividades organizada para traballar pola igualdade e contra o machismo, falamos co dinamizador Zósimo Poemario. Con Antonio López, presidente do Club Lemos repasamos a sanción que lle impón o Comité de Competición, polos incidentes do pasado domingo. Entre outros asuntos tempo tamén para o Gabinete Xurídico de AV10, Javier Leiro repasa modificacións que se preparan para mellorar as pensións dos mutualistas. Tamén é noticia a apertura da Praza da Estación en Monforte.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
