18/03/2026
Más de uno Monforte de Lemos 18/03/2026

Programa completo do 18/03/2026
O PP de Monforte reclama ao concello que poña a disposición dos cidadans os quioscos e locais municipais pechados. É un asunto que levarán ao próximo pleno. O Hospital Comarcal de Monforte foi un dos elixidos para concentrarse médicos que están en folga para visibilizar as súas demandas. Preguntamos pola incidencia da mesma á directora do Hospital Inmaculada Ramos que repasa listas de espera e actos para celebrar o 40 aniversario deste centro hospitalario. A Escola de Hostalería de Rosende súmase ao Mes do Amandi con varias actividades que repasamos co profesor David Cidre. Falamos do Campus que o Breogán vai celebrar en Monforte en xullo e adicamos o espazo Facendo Empresa a Energía de Lemos, coñecemos máis desta iniciativa empresarial con Enrique Álvarez que é un dos responsables.
