17/09/2026
Más de uno Monforte de Lemos 17/09/2026

Programa completo do 17/09/2026
Hoxe rematan as catas que ao longo desta semana se estiveron facendo no estacionamento do Parque dos Condes para redactar o proxecto do tanque de tormentas que está previsto construir nesa zona. É un dos asuntos que repasamos co alcalde, José Tomé Roca ao que preguntamos por outros temas da actualidade local. Begoña Álvarez e Mar Fernández, son profesoras do ciclo de Calzado e Complementos de Moda que se imparte no IES A Pinguela e pasan pola radio a falarnos del. A parroquia de A Parte prepárase para a romaría de San Mateo e falamos dela con Yolanda Arango, presidenta da Asociación de Veciños. E financiada pola Casa de Alba, rematou a restauración do cadro da Nosa Señora da Antiga que volverá próximamente para Monforte e da pinacoteca sairá para Madrid para unha exposición temporal, o cadro de San Lorenzo do Greco, danos máis datos o xerente da Fundación o Pai Javier Agudo. Entre outros asuntos temos tamén gabinete xurídico de AV10 con Héctor Silva.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
