17/06/2026
Más de uno Monforte de Lemos 17/06/2026

Programa completo de Más de Uno Monforte de Lemols do 17/06/2026
O PP denuncia que o alcalde de Monforte, José Tomé pretende que a Deputación pague a súa defensa por acoso sexual. Unha denuncia feita pública polo voceiro do grupo provincial Antonio Ameijide. É unha das novas que repasamos da actualidade máis próxima antes de abrir o espazo “Facendo Empresa” que adicamos ao proxecto Guardabosques que se desenvolve en Donelle no concello de Sober que se inaugura en setembro e prepara para o sábado xornada de portas abertas. Falamos da iniciativa con José Vicente Barcia. Foro sobre vivenda organza para este venres en Monforte a Asociación Ribeira Sacra Next, dos obxetivos falamos co presidente da entidade promotora, Severino Rodríguez, e con dous dos especialistas que van a participar, Arthur Fornés e Luis Antonio Calderón. Entre outros asuntos, falamos tamén da homenaxe a ex traballadores do distrito sanitario de Lemos que se celebra hoxe no Hospital Comarcal de Monforte, coa directora do Inmaculada Ramos, repasamos tamén outras novas relacionadas co hospital monfortino.
