16/09/2026
Más de uno Monforte de Lemos 16/09/2026

Programa completo do 16/09/2026
Incendio en Quiroga na parroquia de Pacios da Serra. Repasamos a última hora co alcalde José Luis Rivera. Máis control da limpeza das faixas de monte na contorna das aldeas, reclama Agroma Sober, unha iniciativa que levarán ao próximo pleno e que explica a voceira Paula Vázquez Verao. Promover o envellecemento activo é o obxectivo do programa Activa que un ano máis pon en marcha o concello de Monforte e do que nos fala a responsable de Servizos Sociais, a tenente alcalde Gloria Prada. Ao Parlamento Europeo levou a eurodeputada do BNG Ana Miranda iniciativas para que se autorice na Ribeira Sacra utilizar drons para aplicar productos fitosanitarios nas viñas, falamos con ela para que explique a proposta. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima conversamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
