16/06/2026

Más de uno Monforte de Lemos 16/06/2026

onda cero
  • 01H 26 MIN

Más de uno Monforte de Lemos 16/06/2026

PROGRAMA COMPLETO

compartir
Más de uno Monforte de Lemos 16/06/2026

Programa completo do 16/06/2026

A Conselleira de Política Social, Fabiola García, inaugura hoxe a Residencia da Terceira Idade que en Pantón puxo en marcha a Fundación San Rosendo. É unha das novas que repasamos da actualidade desta xornda na que abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada, con Pablo Rodríguez, do Círculo de Empresarios de Galicia que organizaron un Foro sobre esta D.O, e con Pedro Rodríguez, da adega Guímaro, elixida por Iberia para as zonas VIP. O comercio de Monforte abrirá o día 26 ata as 12 da noite, falamos delo con Ángel Folgueira, xerente do CCU. O director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, repasa nova oferta educativa deste centro para o próximo curso. Segue a folga de médicos con concentración hoxe no Hospital de Monforte, repasa reivindicacións o dr. Mouriño, entre outros asuntos recollemos tamén o balance que o BNG fai do informe do ICOMOS sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, escoitamos a Rosana Prieto, responsable comarcal desta formación política.

Temas

  • Onda Cero Monforte de Lemos
  • Monforte de Lemos
  • MAS DE UNO MONFORTE
  • Ribeira Sacra