16/03/2026
Más de uno Monforte de Lemos 16/03/2026

Programa completo do 16/03/2026
Bloqueado na India un monfortino tras pecharse o espazo aéreo polo conflito bélico en Oriente Medio. Xa de volta en casa Paulino Cadórniga fálanos da sua aventura. Rematadas as obras da Residencia de Maiores que abre en Pantón a Fundación San Rosendo, empezan coa selección do persoal, é un dos asuntos que repasamos co alcalde José Luis Álvarez. Día do Bocadillo no Colexio dos Escolapios, unha acción solidaria da que nos da máis datos a directora do centro, Estefanía López, que nos fala tamén do intercambio que con alumnos franceses comezan este martes. Salvador Pallares ten 15 anos, vive en Bóveda, é Campión Galego de Colombicultura, unha afección que herda do seu pai e do seu avó e da que él mesmo nos fala no programa de hoxe. Temos cita coa dontóloga María José Martín Díaz, repasamos resultados dos partidos disputados na fin de semana polos equipos locais e outras novas que forman parte da actualidade máis próxima.
