Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitivinícola no que entrevistamos ao presidente do Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra, Antonio Lombardía. Falamos con él das axudas para facer vendima en verde ou para restructurar viñedo, entre outros temas de actualidade no citado sector. Activos dixitais ou capital "tokenizado" para financiar un proxecto da adega Casa Outeiro que nos explica o CEO da mesma, Juan Luis Vázquez. Entre outros asuntos repasamos tamén novas do Concello de O Saviñao co alcalde Carlos Armesto, Cantos de Taberna que preparan para este venres, e trasladámoslle tamén a preocupación veciñal ante a posibilidade de que se constrúa unha planta de biogás no citado concello.