Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando co arqueólogo Xurxo Ayán sobre a nova intervención que van levar a cabo no Preguntoiro no concello de Pantón a partir do martes próximo. O último pleno extraordinario celebrado en Monforte aprobou obras por valor superior aos 10M€, repasámolas co alcalde José Tomé Roca ao que preguntamos tamén por outros temas da actualidade local. Falamos de libros con Susana González da Libraría Agrasar e pechamos a semana coa reflexión que sobre a Ribeira Sacra nos deixa José Vicente Barcia.