O Sergas formaliza o contrato coa empresa adxudicataria das obras da nova área de neumoloxía e dixestivo do Hospital Comarcal de Monforte. Preto de un millón de euros e 6 meses de prazo de execución. A previsión é que se inicien próximamente. E o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presenta en Monforte a nova convocatoria de axudas para melloras de infraestructuras nos establecementos turísticos de aloxamento. Repasa cuantías e obxetivos. Falamos da Asociación Ribeira Sacra Netx e do acto que preparan para este xoves con Manuel Dacosta e Severino Rodríguez, presidente e secretario da Asociación citada. Repasamos novas da actualidade monfortina co alcalde, José Tomé Roca e entre outros asuntos conversamos tamén con Alfonso Campos, presidente da Asociación Colado do Vento, co que repasamos actividades que teñen programadas para este mes de febreiro.