Aberto o novo aparcamento do Poligono Industrial do Reboredo, falamos del co alcalde de Monforte, José Tomé Roca co que repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima. Conversamos con Maruxa Salas e Erik Jiménez, que estarán co Festival Danza no Camiño, este domingo na Igrexa de Santiago de Castillón dentro da programación da Rota do Románico. Entre outros asuntos falamos tamén con Suso Veloso Cachaldora, da homenaxe a Antón Valcarce que tivo lugar a última hora de onte no Parador, onde o finado impulsou a restauración do reloxo de sol que hai no Claustro,