"As obras no Parque do Condes van a seguir como estaba previsto o momento de presentar alegacións ao proxecto foi cando estivo a exposición pública", deste xeito da resposta o alcalde de Monforte á concentración celebrada onte contra a construción da fonte ornamental proxectada no lugar. Explica tamén porque participou no acto do 8M. Declaracións que recollemos tras presentar o cartel da Feira Medieval que foi hoxe dado a coñecer no concello. Falamos destes actos, recollemos balance da Feira do Viño de Chantada conversando co alcalde Manuel Lorenzo Varela. Falamos das Xornadas do Cocido que promove a delegación sur da Asociación Provincial de Hostalería, conversando coa delegada Beatriz Vila. Tempo tamén para deportes e para a cita semanal que temos coa odontóloga María José Martín Díaz, hoxe coidado da boca e embarazo.