08/10/2026
Más de uno Monforte de Lemos 08/10/2026

Programa completo do 08/10/2026
A Plataforma Salvemos o Malecón prepara recurso contencioso administrativo contra Patrimonio por dar luz verde ao proxecto da nova ponte no Paseo do Malecón e fará o propio ante a resolución da CH. Seguen loitando contra este proxecto explorando todas as opcións posibles co fin de paralizar a iniciativa, asegura Vicente Vázquez voceiro da Platamorma, con él conversamos no programa de hoxe. Atendemos tamén á Xornada sobre Cooperativismo de Consumo e Comunidades de Enerxías Renovable que se está celebrando en Donelle no concello de Sober, conversamos con Lucía Mendoza, directora do Espazo Ecoo que organiza e acolle esta actividade. Falamos co escritor Francisco Narla que este venres presenta en Monforte “Santiago”, e entre outros asuntos, co adestrador do Neka, José María Vega, co que repasamos resultados de taekwondo, e novas citas que prepara.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
