01H 30 MIN

Programa completo do 07/10/2025
Recta final das vendimas na D.O Ribeira Sacra, remata a campaña sen chegar aos 5 millóns de quilos. Fai balance o presidente do Consello Regulador Antonio Lombardía. Aglutinar ao sector empresarial da Ribeira Sacra é o un dos obxectivos da Asociación Ribeira Sacra Netx que vén de renovar directiva e pasa a estar presidida por Severino Rodríguez, con él falamos da iniciativa. Varias Comunidades trasladan ao luns o festivo do Pilar que cae a domingo e esto incrementa as reservas neste xeo destino rozando a previsión de ocupación o 70%. Falamos delo coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara, e das actividades deseñadas para este outono. Entre outros asuntos, atendemos tamén ao Campionato de Baile deportivo que se vai celebrar o domingo en Escairón e do que coñecemos máis conversando con Fernando Pallares, profesor de baile e un dos organizadores.
