O concello de Monforte ten xa todas as autorizacións que precisaba para iniciar os trámites para construir a ponte do Malecón. Preguntamos sobre este asunto ó alcalde José Tomé, co que falamos da nova fonte do Parque dos Condes e das festas. Falamos tamén co pregoeiro, o empresario Xosé Manuel Rodríguez. E festas hai en Quiroga desde onte e ata o luns, falamos co alcalde José Luis Rivera. E o Ministerio de Agricultura vén de premiar como mellor queixo azul de España o queixo Savel de Airas Móniz, súmase a unha longa lista de recoñecementos que repasamos con Jesús Aira, un dos promotores da queixería.