07/05/2025

Programa completo do 07/05/2025
O SLG denuncia deficiencias no servizo de xantar a domicilio, explican a situación dende o sindicato citado. Falamos do Encontro de Sober que Cesuga organiza no citado concello este xoves e venres con actividade previa hoxe que repasamo co presidente Venancio Salcines. Empezan a negociar novo convenio colectivo os traballadores do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria de Monforte, o secretario de acción sindical de CCOO, Mario Docasar repasa a táboa reivindicativa presentada. A delegación sur da Asociación Provincial de Hostalería, prepara unha nova edición de Marida Maio e delo falamos coa delegada da Asociación para esta zona, Beatriz Vila. E adiantamos a hoxe o gabinete xurídico de AV10, con Javier Leiro repasamos como reclamar perdas provocadas polo apagón do día 28.
