Programa especial XXXI Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Emitimos dende a Praza do Concello onde realizan exhibicións efectivos da Guardia Real despregados estes días polos concellos da zona. Falamos co Tcol Juan José Colmenarejo e o Comandante Jorge Fernández. Repasamos programa da Mostra dos Viños coa tenente alcalde e concelleira de cultura Cristina Domínguez. En representación dos adegueiros que van a participar da Feira estiveron Luis Enríquez e Ramón Losada. A Feira achega clientes ao sector da hostalería e restauración e delo falamos con Santiago Villanueva, director do Iberik Hotel Balneario Augas Santas. E de novas propostas turísticas no concello pantonés danos conta Beatriz Pérez de Máis que Románico. Preparan Torneo de Tenis de Mesa para o verán e delo falamos con Pedro Rodríguez e Antonio Quintela. E o CF Ferreira non conseguiu chegar á final da Copa Deputación pero repasamos tempada deste equipo con César Rodríguez e Adrián Enríquez. Tamén conversamos co Alcalde José Luis Álvarez que agarda unha exitosa Feira.