Máis de un millón de euros adicará o concello de Monforte para financiar obras de mellora en infraestructuras viarias, rúas da cidade e melloras en pistas de catro parroquias, dez proxectos que presentaba hoxe o alcalde monfortino. É unha das novas que repasamos no resumo de noticias co que abrimos este programa no que repasamos novas relacionadas co sector vitivinícola co técnico Alfonso Losada. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián falamos da Festa dos Avós e da Avóas que preparan para este sábado e entre outros asuntos de actualidade do concello soberino damos conta dun proxecto pioneiro na provincia que aspira a recupera casas deshabitadas e abandonadas para darlle unha nova vida. A directora do Hospital Comarcal, Inmaculada Ramos, explícanos como vai ser o acto institucional que van celebrar maña para conmemorar os 40 anos deste centro hospitalario e entre outros asuntos falamos tamén cun mozo monfortinos de 23 anos, Luis Buitrón Amaro, que dende decembro acumula máis de 60 mil seguidores nos vídeos que colga nas redes. O reto é publicar 52 receitas de cociña galega en 52 semanas. Leva 14 exitosas publicacións.