Repasamos novas da actualidade máis próxima nunha xornada na que fai balance da Feira do Viño de Vilachá o alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda. En Pantón prepáranse para coller o relevo esta fin de semana próxima, escoitamos á concelleira Cristina Domínguez e ao alcalde José Luis Álvarez. Loito no Incio tras falecer un venciño nun accidente de moto en Marrocos, onde disfrutaba cuns amigos duns días de vacacións. Buscamos a última hora sobre este suceso co alcalde Héctor Corujo. O GDR Ribeira Sacra Courel ten en marcha unha nova convocatoria de axudas que repasamos coa técnica Cristina Estévez. O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra prepara un plan de formación para o sector turístico que repasamos convesando coa xerente Alexandra Seara. Atendemos tamén a formación que para maiores de 50 anos oferta o concello de Monforte coa USC, repasamos oferta coa tenente alcalde Gloria Prada. E rematamos con deportes, resultados dos equipos da zona e novo triunfo para o taewondo monfortino, Laura Álvarez, Campioa de España Universitaria en individual e en parella.