04/08/2026
Más de uno Monforte de Lemos 04/08/2026

Programa completo do 04/08/2026
Como se prepara o CRDORS para a vendima? Preguntámosllo ao presidente Antonio Lombardía co que repasamos tamén outras novas do sector vitivinícola. Veciños de Rosende e outras parroquias próximas preparan un plan de actuación ante posibles incendios. Cóntanos Beatriz Lema como xurdíu a iniciativa e en que fase están. Segunda xornada de Artelemos e falamos con algúns dos artesáns participantes. Multitudiaria foi a carreira de burros de Escairón e co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, repasamos como se desenvolveu e para onde marcharon os trofeos. Entre outros asuntos atendemos tamén ás Festas de Gullade, unha das seleccionadas por Estrella Galicia dentro do programa “A Nosa Verbena”, con Loli López falamos desta colaboración e repasamos o programa de festexos.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
