04/06/2026
Más de uno Monforte de Lemos 04/06/2026

Programa completo do 04/06/2026
Abrimos co resumo da información máis próxima e conversando con Hugo Dos Santos, de Ecos da Ribeira que organizan un Festival con este nome en agosto no Saviñao e preparan tamén a Festa da Xuventude que vai ter lugar este sábado na Praza Maior de Escaitón. Temos Gabinete Xurídico con AV10 e Javier Leiro repasa dereitos dos consumidores relacionados con retrasos e cancelacións, agora que estamos preparando vacacións de verán. O Tour da Sociedad Española de Neumoloxía fai parada hoxe en Monforte e na Compañía revisan saúde pulmonar da veciñanza que acuda á carpa alí instalada, unha iniciativa da que falamos con Ángel Herráiz, un dos profesionais que atende este servizo. Entre outros asuntos falamos tamén da Festa das Cereixas, do Viño e do Aceite que se vai celebrar esta fin de semana na Praia Fluvial de San Clodio e da que falamos co alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
