Preto de 1.300 persoas están inscritas para paticipar no desfile do martes de entroido en Monforte. Todo preparado para o gran día do que falamos coa concelleira de cultura Marina Doutón. Veremos esta tarde disfraces con moito colorido, segundo nos conta Marisa Díaz, propietaria dunha das tendas das que se nutren de teas moitos dos participantes. Entre as comparsas que habitualmente participan do desfile de Monforte está a do barrio de Carude que chega este ano aos 110 participantes e dela falamos con Juan Diéguez, un dos membros da citada comparsa. Falamos tamén con Iván Armesto, un soberino que participa por primeira vez do entroido monfortino cunha montaxe "Recicleitor e o seu dragón", na que leva traballando 7 meses e que confeccionou con máis de 3.000 latas de diferentes bebidas. Repasamos outros entroidos como o que teñen organizado para esta tarde no Saviñao, e como cada martes, temos espazo adicado ao sector vitícola e hoxe, ademáis do técnico Alfonso Losada, conversamos co adegueiro Diego Rodríguez que elabora entre outros distinguidos, o viño Vacamulo que é por segundo ano un dos mellor puntuados na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2025.