03/07/2026
Más de uno Monforte de Lemos 03/07/2026

Programa completo do 03/07/2026
Prepárase o Malecón para o Festival do Viño da Ribeira Sacra que se inaugura ás 21h. Antes actuarán os Xograres de Lemos, unha cita da que falamos con Beatriz Vázquez, unha das directoras do grupo. Preséntanse resultados en intervencións arqueolóxicas como as levadas a cabo no Castro de San Lourenzo e que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán. Conversamos tamén coa presidenta da Comunidade de Regantes do Val de Lemos, Alicia Toirán sobre a campaña de rega que teñen en marcha. Entre outros asuntos, rematamos andaina polo Camiño de Inverno e poñemos o punto final aos espazos adicados a esta ruta. Guíannos hoxe Ana Bernárdez e María Salgueiro, presidenta e vogal da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
