Concurrida celebración de San Brais en San Vicente do Pino, unha tradición que se remonta ó século XVII e que forma parte da actualidade deste luns no que falamos tamén da Fundación da Nosa Señora da Antiga que anda á procura de fondos para restaurar un Cristo de Francisco de Moure do que falamos co xerente, Javier Agudo. E o Club Fluvial vén de celebrar asamblea de socios na que presentaron as contas do pasado ano e presentaron propostas para este 2025 para o que teñen un presuposto de 515 mil euros. Falamos co presidente Jaime Vázquez. Tamén conversamos coa director o Hospital Comarcal sobre a situación na que está o mamógrafo que a CIG Saúde, pide paralizar. Temos tamén cita coa saúde bucodental e a odontóloga María José Martín, repasamos resultados dos partidos disputados polos equipos da zona esta fin de semana.