02/07/2026
Más de uno Monforte de Lemos 02/07/2026

Programa completo do 02/07/2026
O programa piloto de apertura de igrexas románicas na Ribeira Sacra terá continuidade ata o mes de setembro. Unha iniciativa que repasamos con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico. Operado por Alsa, o Tren Histórico Galaico Expreso empezará a funcionar entre Monforte e Ourense o día 11 de xullo con material do Muferga, danos máis datos Antonio Ginés director de Alsa Ferrocarril. Presentado cartel e programa da XXII Feira Outrora que se vai celebrar en Rubián o día 14 e da que falamos co alcalde José Manuel Arias. A Casa da Cultura de Monforte acolle hoxe unha charla sobre o eclipse do 12 de agosto e do mesmo danos datos a divulgadora María Fernández. E no gabinete xurídico que compartimos cada xoves con AV10, Javier Leiro repasa a Lei que se está preparando sobre o uso da IA.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
