Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo "Facendo Empresa" que adicamos a Sacrapastas que vén de recibir o selo de Galicia Calidade. Repasamos a súa historia con Tamara Castro. O CCU ten en marcha o rally do comercio que premiará con 3.300 euros a un cliente que deberá gastar os cartos en 7 horas. Danos máis datos o xerente Ángel Folgueira. Juan Diéguez é un dos membros da comisión organizadora das Festas de San Lázaro no barrio de Carude e con él repasamos todo o que teñen preparado para a fin de semana. A Feira do Viño de Quiroga vai homenaxear este ano os promotores deste evento e buscan fotos antigas das primeiras feiras para montar unha exposición. Preparan a Feira do Viño á vez que fan balance da Mostra do Aceite que veñen de celebrar e da que nos fala o alcalde José Luis Rivera. Repasamos tamén iniciativas da Asociación Prodeme que hoxe presentaba o xerente Julio Cortiñas.