Queda que se pronuncien os traballadores en asamblea pero todo parece indicar que nas próximas horas quedará desconvoda a folga anunciada na recollida do lixo en Monforte a partir do luns tras asinar esta maña un principio de acordo entre a empresa FCC e os representantes dos traballadores. Máis de tres horas e media de negociación que nos resume o representante sindical Mario Docasar. E mellores condicións laborais e máis seguridade reclaman o persoal do SAF de toda Galicia celebrando hoxe concentracións en moitos concellos entre eles Monforte, Chantada e Pantón. E entre os participantes no Simposio que celebra este venres en Monforte ASOMEGA está o doutor José Castro, responsable do servizo de medicina interna do Hospital Comarcal que nos adianta os asuntos que lle toca abordar a él. Repasamos tamén actividade da delegación en Monforte da Asociación de Loita Contra o Cancro, as realizadas ata o de agora e as que prepara de cara ós próximos días e das que nos falan Virginia Méndez e Paula Piai, traballadora social e sicóloga da citada Asociación. Entre outros asuntos, tempo tamén para falar de libros, recomendacións literarias que nos achega Susana González dende a Libraría Agrasar.