Olga Novo pechaba na tarde de onte a Semana da Memoria Histórica celebrada en Cereixa no Concello de A Pobra do Brollón repasando a vida de Ticiano Picón. Falamos con ela deste mestre que exerceu en Castroncelos antes da Guerra Civil e tamén da homenaxe que ela mesma recibiu no IES A Pinguela. E crece o consumo de productos ecolóxicos. Falamos do Barómetro realizado sobre o mesmo co director da AGACAL, José Luis Cabarcos e co presidente do CRAEGA, Francisco Valladares. Repasamos asuntos que van ao pleno de hoxe en Monforte. Falamos dos "pasos de barca", que proxecta recuperar o Consorcio Turístico e entre outros asuntos do Campionato Galego de Taekwondo celebrado onte en Monforte, un reto superado con éxito segundo conta o adestrador do NEKA, José María Vega.