27/05/2025

- 07:12 MIN
Manuel Pardo:"O deseño da senda de As Caldas foi consensuado co Concello"
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, respostou ó Alcalde que rexeita a remodelación da Avenida das Caldas (de titularidade autonómica) lembrando que "foi un proxecto consensuado no seu día co Concello".
Manuel Pardo lembrou que esa senda verde é un proxecto transformador de mobilidade sostible que acadou un orzamento de millón e medio de euros e que contou con aportación de fondos europeus. Pardo tamén abordou en Más de Uno outras iniciativas da administración autonómica como o programa "EBici" ou a "Primeira Experiencia Profesional" e avanzou a celebración os días 2 e 3 de xuño no recinto feiral de Expourense da XI edición do Vinis Terrae.



