A pesar de que os datos da evolución da COVId 19 en Galicia permitirían abrir a fonteira con Portugal, os datos non son tan positivos en outras comunidades autónomas, e o goberno portugués debe tomar unha decisión conxunta en todos os pasos fronteirizos. Así llo trasladou o primeiro ministro Antonio Costa ao alcalde Tui, Enrique Cabaleiro,que afirma en Onda Cero, quenoncree que ata o mes de xuño se reabran eses pasos. Considera o rexedor tudense que Portugal manterá unha actitude prudente para non poñer en risco a campaña turística de verán. En xuño o goberno luso terá máis seguridade sobre a evolucion da pandemia a e ademáis haberá más persoas vacinadas.