15/09/2025

Convocada pola plataforma Por un Monte Galego con Futuro.
A mobilización transcurriu baixo o lema 'Lumes Nunca Máis'.
A manifestación contou co apoio explícito do BNG. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reclamou unha vez máis a demisión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O PSdG-PSOE desmarcouse da manifestación. E, pola súa banda, desde o PPdG, a secretaria xeral, Paula Prado, acusou ao Bloque de non ofrecer aos galegos ningunha alternativa, «só manifestacións e consignas apocalípticas».

