Galicia - Santiago de Compostela | (Publicado 02.11.2020 14:08 )
O presidente do Executivo galego recoñecía que o ter decretado o peche das cidades as tres da tarde do venres respondeu á necesidade de evitar os traslados das cidades a outros concellos. Feijoo xustificaba a premura da medida e o non ter avisado con antelación para que "non se baleiraran as cidades".
Mañá reunión do comité clínico para evaluar as medidas e no seu caso modificalas. Hoxe en Noticias Mediodía Galicia contamos como transcurriu a fin de semana de Difuntos nas cidades perimetradas e coa única alternativa de reunión con convivintes.