XURXO SOUTO PERCORRE A FIGURA DO INTELECTURAL GALEGO

Un diario inédito de Frida Kahlo revela a súa relación co inventor Alexandre de Fisterra

Alexandre de Fisterra coincidiu en México coa Kahlo nos últimos anos da vida da artista. Unha reportaxe de Pilar Ozores

ondacero.es | Pilar Ozores

Santiago | 16.11.2020 15:01 (Publicado 16.11.2020 14:34)

O coñecido como o inventor do futbolín, nacera na Coruña en 1919 pero viviu en Madrid e en varios países de Centroamérica, buscando asilo político, antes de chegar a México, onde creou a editorial Finisterre e unha fábrica de xoguetes. Alí coincidiu con Frida Kahlo nos seus últimos anos de vida. O diario inédito inclúe cartas e debuxos asinados pola artista entre 1953 e 1954. Neles refírese a Alejandro Camos como neno divertido, fermoso ou currito español. Explica que lle deu unha nova vida.