Máis de Un Pontevedra

“A Forza das Mulleres: Sanitarias”, un novo faladoiro da concellaría de Igualdade de Poio

Conversamos coa concelleira Silvia Díaz e con Rosalina Gómez, celadora e unha das mulleres que protagonizará o novo faladoiro este mércores 28 de abril ás 20.00 horas.

Redacción

Pontevedra | 23.04.2021 15:18

Os faladoiros "A Forza das Mulleres" están organizados pola concellaría de igualdade do Concello de Poio, un espazo para compartir experiencias e coñecemento entre as mulleres da vila. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Máis de Un Pontevedra".