28/07/2021

Firme aposta no concello de Cambados pola compostaxe

Plan de Compostaje municipal
  • 01:39 MIN

Firme aposta no concello de Cambados pola compostaxe

Políticas medioambientales

compartir
Firme aposta no concello de Cambados pola compostaxe

As políticas municipais están marcando un novo rumbo coa implementación de programas de reciclaxe. O concelleiro Samuel Lago anunciou a distribución de 400 composteiros individuais

Cambados xa dispón dunha nova remesa de composteiros que vai distribuír no municipio. Esta partida ascende a 400. Repartiranse previa solicitude que se pode formalizar na web municipal. De momento, hai pendentes de atender setenta solicitudes pendentes da anterior fase deste programa.

As persoas que reciban o contedor recibirán unha formación por parte de persoal municipal respecto ao uso adecuado destes recipientes e transformar a materia orgánica en compost. Ademais, quen participe nesta iniciativa municipal recibirán trinta @estrella que poderán utilizar para realizar compras no comercio local ou recibir descontos en servizos municipais.

O colectivo ambientalista Tropa Verde é o encargado de xestionar as diferentes fases do plan de compostaxe que chegou ao municipio para quedar.

O concelleiro de Servizos, Samuel Lago, adiantou que ao programa de distribución de composteiros individuais sumaráselle, proximamente, a instalación de centros comunitarios no concello.

Temas

  • Onda Cero