Mas de Uno Pontevedra

Yoya Blanco: "As mulleres do rural de Pontevedra serán unha prioridade en 2021"

Día Internacional das Mulleres Rurais. A concelleira de Igualdade pon en marcha unha campaña reivindicativa, a través de redes sociais, baixo o lema: ‘Construír a resiliencia das mulleres rurais por mor da Covid-19’. No concello de Pontevedra, o 23% das mulleres viven nas parroquias e protagonizan un "papel esencial" nos seus territorios. Analizamos esta realidade social con Yoya Blanco, concelleira de Igualdade de Pontevedra.