Más de Uno Pontevedra

Marta Pazos: "En 2021 estrearemos un `Othello´moi especial poñendo o foco nas mulleres da obra de Shakespeare"

Hoxe conversamos coa pontevedresa Marta Pazos, directora teatral á fronte da compañía "Voadora". Falamos de teatro en tempos de confinamento, da súa iniciativa para compartir obras en youtube e tamén das próximas estreas que chegarán: o seu terceiro Shakespeare en 2021 con "Othello" e unha nova data para "Siglo mío, bestia mía", obra que hoxe tiñan que estrear no Centro Dramático Nacional. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Más de uno Pontevedra"