29/02/2024
ROBERTO VILAR

Hoxe tomamos a última con Roberto Vilar para celebrar os seus 30 anos de traxectoria en televisión. ‘Celebreixon’ é o espectáculo co que está de xira por Galicia enchendo de comedia e sorpresas os teatros. É a primeira xira de Roberto Vilar en solitario: o sábado, 2 de marzo, fai parada en Vilagarcía de Arousa e o 23 de marzo en Pontevedra.
Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última con Susana Pedreira e Roberto Vilar no programa “Máis de Un Pontevedra”.


