Pontevedra en la Onda (17-01-2019)
Comezamos o programa repasando a actualidade do día e conversando coa fundadora de "Hifas da terra", Catalina Fernández de Ana; a empresa está afectada polo trazado da futura A-57. Buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e, como cada xovez, falamos de saúde: a sexóloga Marina G. Veiga é hoxe a convidada para falar de saúde sexual e do programa municipal "Pinto e Maragota". Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto