Cántamo… en galego!

MJ Pérez: novo tema, nova xira e novo directo para celebrar o seu 10º aniversario

MJ Pérez acaba de lanzar o seu novo single “Barco á deriva”, acompañado dun videoclip moi especial rodado na Ribeira Sacra; é tamén o punto de partida que dá inicio á súa nova xira. Conversamos coa artista arzuá na nosa sección musical “Cántamo… en galego!”.

Redacción

Pontevedra | 05.02.2024 14:23

Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira na sección musical “Cántamo… en galego!”.