A última e marchamos

Pepe Carballude: "O humor é imprescindible para entreter aos máis novos e que gocen da literatura"

Conversamos co escritor estradense Pepe Carballude sobre a reedición do seu libro "De como o Santo dos Croque se fai peregrino", pioneiro en achegar o Camino de Santiago aos máis novos.

Redacción

Pontevedra | 21.01.2021 14:48

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Pepe Carballude (Rubín-A Estrada), un dos autores máis veteranos e coñecidos da literatura infantil e xuvenil galega. Co motivo da celebración do Ano Xacobeo, Hércules Ediciones vén de reeditar o clásico "De como o Santo dos Croques se fai peregrino" e del falamos con Carballude. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".