Entrevistas Rías Bajas

"O meu fillo é bo futbolista porque ten unha zurda marabillosa que herdou de min"

Esta semana a nosa convidada no Hotel Rías Bajas é Carmela Silva, política socialista e presidenta da Deputación de Pontevedra desde o ano 2015. Durante a conversa coñecemos a unha muller que este mes cumprirá 59 anos sen medo ao paso do tempo, que se sinte avoa sen selo porque forma parte dunha familia moi unida que é fundamental para ela. Ten un grupo de whatsapp coas súas amigas de toda a vida que se chama "feliz adolescencia" e confesounos que o fútbol agora lle gusta por amor, porque o seu fillo Iago Falque tivo claro desde os dous anos quería ser futbolista. O que ela realmente quería ser é actriz pero a rebeldía adolescente levouna desde moi cedo a outro escenario... o da política. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.