Más de Uno Pontevedra

Música e arte para favorecer a inclusión

O evento "Voces Ocultas 2019", impulsado pola Concellería de Benestar Social, exhibirá o vindeiro día 4 de decembro no Museo de Pontevedra o talento artístico das persoas con diversidade funcional, mental e sensorial. Trátase dunha gala-concerto inclusiva na que os protagonistas son os membros das asociacións Amencer-Aspace, Xuntos e Amizade grazas ao traballo realizado co Estudo Bonobo. Neste podcast podes volver escoitar á concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, e a Gonzalo Maceira desde Bonobo.

ondacero.es

|