Más de Uno Pontevedra

Mestizaxe alén do mar entre "irrintzis" e sons africanos

O músico pontevedrés Óscar Ibáñez lévanos de viaxe coa súa música conectando Pontevedra co outro lado do Atlántico.

Lorena Páramo

Pontevedra | 02.12.2020 14:42

Escoitamos un arin arin vasco convertido en rumba e unha muiñeira galega á africana co músico pontevedrés Óscar Ibáñez. Cada quince días estamos alén do mar na radio grazas a historias musicais cheas de viaxes, mestizaxe e persoeiros pontevedreses. Neste podcast podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".